miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Despois da tormenta, chega a calma

Despois da tormenta, chega a calma
Despois da tormenta, chega a calma

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 21 graos

As altas presións irán entrando progresivamente en Galicia durante esta xornada, achegando estabilidade. Así, comezaremos aínda cos ceos moi nubrados e algunhas precipitacións febles máis probables no litoral antlántico. A medida que avance o día as chuvias irán desaparecendo e iranse abrindo claros progresivamente. As temperaturas mínimas sufrirán lixeiros descensos e as máximas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

Teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más