Denuncian a falta de persoal de limpeza no IES de Sar
Dende a ANPA expresan a falta de persoal que se agraba dada a situación actual de pandemia
ANPA e directiva do IES de Sar en Santiago reclaman dende hai tempo mais persoal de limpeza e, que neste momento que estamos a vivir co COVID-19, se fai mais necesaria e imprescindible.
Considerando que o edificio do instituto de Sar ten unha superficie aproximada de 4770 metros cadrados e segundo a normativa oficial en vigor, lle corresponden dúas persoas a tempo completo e unha a media xornada para a limpeza dos edificios do instituto en horario de 8:30h a 15:30h. Ademais, polas tardes comparten espazo coa sección oficial da Escola de Idiomas cuns 600 alumnos e alumnas matriculados e sen ningún tipo de persoal de limpeza asignado.
Segundo se indica no Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21 no punto “4. Medidas xerais de limpeza nos centros” onde se indica que “O Protocolo de limpeza é obrigatorio para todo o persoal de limpeza con independencia da súa dependencia orgánica polo que será de aplicación non só as empresas externas senón tamén ao persoal dos concellos que teñen a obriga de realizar o mantemento e conservación de conformidade coa normativa vixente”
Ademais no Protocolo de limpeza fai referencia,
4.1.1., si hai que facer a “limpeza polo menos unha vez ao día, reforzándoa naqueles espazos que o precisen en función da intensidade de uso, como no caso dos aseos que será de 3 veces ao día” e sendo que o centro dispón de polo menos 9 aseos dispoñíbeis para que o alumnado, profesorado e persoal do centro poda facer uso segundo as recomendacións que se indican.
4.1.2. Terase especial atención nas zonas de uso común e nas superficies de contacto mais frecuentes
4.1.4. As medidas de limpeza estenderanse tamén a zonas privadas dos traballadores
Nun comunicado a ANPA expresa que "en base a todo o exposto, e non tendo resposta por parte da administración competente ás solicitudes xa presentadas para solucionar este problema de seguridade de toda a Comunidade educativa da que forma parte o alumnado, profesorado e persoal non docente que traballa no centro acordamos no Consello escolar celebrado o luns 5 de outubro que o centro pechará as portas ás 15:30h para poder garantir o cumprimento das medidas hixienicas e de desinfección segundo se establece no Protocolo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21", apuntan e non descartan que se poidan tomar máis medidas.