miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Manifestación en defensa do ocio nocturno en Compostela

Manifestación en defensa do ocio nocturno en Compostela
Manifestación en defensa do ocio nocturno en Compostela

Dende o pasado 16 de agosto todos os locais de hostelería de Santiago teñen que pechar as súas portas á 1 da mañá

A Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago convoca a toda a hostalaría compostelá a un acto en defensa da restauración e do ocio nocturno que terá lugar este xoves, 8 de outubro, ás 12:00 horas fronte aos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano.

A marcha en caravana partirá desde ás 11:30 horas do estadio municipal de San Lázaro seguindo os lemas de: ‘Xa basta’, ‘Salvemos á hostalaría e ao ocio nocturno’ e ‘Non á criminalización da restauración’. Esta é a primeira das mobilizacións posta en marcha polo colectivo tras aprobar o inicio de accións reivindicativas na Asamblea que celebraron o pasado 24 de setembro. 

O sector reclama un diálogo directo co Goberno galego, que se elabore unha folla de ruta consensuada con todo o sector que garanta a volta ao traballo dunha forma paulatina, rápida e segura; e a eliminación, con carácter inmediato, da orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade que obriga a pechar os locais da noite e establece a 1 da madrugada como horario máximo de feche en todos os locais. Este acto en Compostela súmase á caravana de protesta a nivel estatal convocada pola Plataforma Oficial de Apoyo al Ocio Nocturno tamén para este xoves día 8 de 20:00 a 20:30 horas.

Comentarios
Lo más