miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O outono segue a ser gris en Compostela

O outono segue a ser gris en Compostela
O outono segue a ser gris en Compostela

As temperaturas en Compostela oscilarán entre os 14 e os 19 graos

Galicia atoparase durante esta xornada nunha situación intermedia entre as baixas presións localizadas ao norte das illas Británicas e as altas presións dos Azores, mantendo os ventos do suroeste que seguirán traendo moita humidade. Deste xeito agardamos ceos moi nubrados con algunhas precipitacións de carácter feble, máis probables na metade oeste. As temperaturas ascenderán, sendo este ascenso máis acusado nos valores mínimos. Os ventos soprarán frouxos do suroeste, moderados no litoral norte con intervalos fortes nas comarcas de Ortegal-Bares.

En Santiago teremos ceos moi anubrados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Haberá néboas matinais o xoves. Agárdanse precipitacións o luns, o martes e o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.

Comentarios
Lo más