miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Animada mañá de domingo en familia da man de Os Bolechas

Animada mañá de domingo en familia da man de Os Bolechas
Animada mañá de domingo en familia da man de Os Bolechas

O ciclo Escena Pequena continuará este domingo 11 

O Concello de Boqueixón deu comezo onte ao Ciclo de Teatro Escena Pequena co espectáculo Os Bolechas e as portas dos Camiños. Máis de medio cento de persoas acudiron á Casa da Cultura de Camporrapado para asistiren a esta sesión cultural en familia.

A actividade incluíu unha especie de concurso na que as persoas asistentes grandes e crianzas debían responder a unha serie de preguntas sobre catro Camiños de Santiago: o Francés, o Inglés, o Portugués e a Vía da Prata. Precisamente este último é o que ten paso e parada no municipio de Boqueixón. A través deste animado xogo, as familias asistentes puideron reforzar os seus coñecementos sobre a cultura e as rutas xacobeas.

O ciclo Escena Pequena continuará este domingo 11 de outubro co espectáculo Pallaso total, de Duende Circo. Este espectáculo desenvolverase na Carballeira de Rodiño ás 12.00 horas. En caso de choiva, a sesión trasladarase á Casa da Cultura de Camporrapado.

A última das sesións deste ciclo terá lugar o domingo 18 de outubro co espectáculo dos Monicreques de Kukas Xan Perillán, compra queixo, compra pan. A actuación terá lugar ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. Trátase dun espectáculo que, segundo indican dende a propia organización, mestura o clown e a pantomima coa maxia dos monicreques compaxinando o lecer e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.

A asistencia a todos os espectáculos é de balde. Dado o aforo limitado, as persoas interesadas deberán solicitar a súa entrada no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115).

  

Comentarios
Lo más