Comerciantes piden probar a peonalizar as rúas de Alfredo Brañas e Xeneral Pardiñas
Xa se comezou a falar da campaña de nadal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo un encontro co presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, no Pazo de Raxoi. Tamén asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Mobilidade e Festas, Gonzalo Muíños; a técnica de Comercio, Lucía Castro; e, por parte de Santiago Centro, o seu secretario, Delmiro Prieto.
Na reunión abordáronse temas de interese para a asociación de comerciantes, como por exemplo a iluminación das rúas e a campaña de Nadal. Os comerciantes manifestaron que a peonalización de varias rúas durante a pandemia non lles acaba de convencer pero porque non se lle esta sacando todo o partido.
Así, na reunión plantexaron unha peonalización permanente que podería probarse no Nadal. “Creemos que es mejor que sea más estable, y probar en Navidad para peatonalizar Xeneral Pardiñas y Alfredo Brañas toda la semana, dejando las dos perpendiculares con tráfico”, afirma. O Concello prometeu que se estudará a proposta.