Druidess USC representará á Universidade na sexta tempada de Amazon University Esports
As entidades asinaron un acordo de adhesión para promover os deportes electrónicos como ferramenta para transmitir valores positivos como responsabilidade, integración social, esforzo e superación
Amazon University Esports, xestionada por GGTech Entertainment. O acordo entre as entidades persigue o obxectivo de promover os deportes electrónicos como ferramenta para transmitir valores positivos como responsabilidade, integración social, esforzo e superación. Druidess USC representará á Universidade na sexta tempada da competición.
“Durante todo o desenvolvemento da competición, insistimos e promovemos unha cultura positiva que axude aos nosos xogadores a medrar tanto a nivel persoal como a nivel de equipo”, apuntan os impulsores da iniciativa. Amazon University Esports é unha “intensa” competición na que toman parte en torno a 25.000 xogadores de toda España.