miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza pasada por auga

A semana comeza pasada por auga
A semana comeza pasada por auga

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 16 graos en Compostela

A chegada dunha fronte cálida a Galicia durante a tarde achegará moita humidade dende o Atlántico. Polo tanto, os ceos estarán cubertos, con precipitacións febles algo mais xeneralizadas pola tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, pero as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes ao final do día no litoral norte.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado aínda que oscilarán.

Comentarios
Lo más