miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Pídenlle ao Goberno local que valore aprazar a renovación do campo de fútbol das Cancelas

Pídenlle ao Goberno local que valore aprazar a renovación do campo de fútbol das Cancelas
Pídenlle ao Goberno local que valore aprazar a renovación do campo de fútbol das Cancelas

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Evaristo Ben, envioulle unha carta ao concelleiro de Obras, José Javier Fernández, subliñando que, o obrigado peche por obras desta instalacións durante cando menos 45 días, agravaría aínda máis as carencias de instalacións deportivas

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Evaristo Ben, envioulle unha carta ao concelleiro de Obras, José Javier Fernández, a fin de que valore a conveniencia de aprazar o inicio dos traballos de renovación do céspede sintético e peche perimetral do campo de fútbol das Cancelas durante uns meses, para permitir o uso dese recinto deportivo ante o posible inicio das actividades deportivas.

Como sen dúbida é coñecido polo Goberno local, e tal e como ao concelleiro Popular llo teñen transmitido diversos deportistas, os campos de fútbol municipais levan tempo mostrándose insuficientes para responder ás necesidades das moitas persoas usuarias, razón pola que o obrigado peche por obras do campo de fútbol das Cancelas durante cando menos 45 días (prazo sinalado no prego de licitación) viría a agravar nestes momentos aínda máis estas carencias.

O Popular destacou que un aprazamento das obras ata o final da primavera ou inicio do verán (en función do remate do calendario deportivo dos equipos que fan uso desas instalacións) favorecería o desenvolvemento de adestramentos e competicións, eliminaría contratempos evitables para os usuarios e, por riba, permitiría afrontar a planificación e execución das obras nun período axeitado para  avanzar con maior rapidez nos traballos.

Ben Otero remarcou que “somos conscientes da necesidade desta actuación de mellora no campo de fútbol das Cancelas, pero entendemos que iniciar agora os traballos pode ser contraproducente para o desenvolvemento das actividades deportivas xa establecidas, motivo polo que reiteramos consideración da oportunidade de aprazar o inicio das obras”.

O concelleiro Popular fai esta solicitude despois de ter coñecemento da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local do pasado 28 de setembro, por proposta desa Concellería, da adxudicación da execución das obras recollidas no proxecto “renovación do céspede sintético e peche perimetral do campo de fútbol de As Cancelas”, o que debera conlevar, logo de cumprimentar os pertinentes trámites establecidos, o inicio das obras nos vindeiros días.

Comentarios
Lo más