miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres novos falecidos, un en Santiago, elevan a 754 as víctimas da COVID-10 en Galicia

Tres novos falecidos, un en Santiago, elevan a 754 as víctimas da COVID-10 en Galicia
Tres novos falecidos, un en Santiago, elevan a 754 as víctimas da COVID-10 en Galicia

Todos con patoloxías previa

Tres novos falecementos confirmados en hospitais galegos este sábado elevaron o cómputo de vítimas da COVID-19 a un total de 754 na comunidade.

En concreto, trátase de tres homes de 93, 89 e 87 anos que estaban ingresados no Hospital de Lugo, no Complexo Hospitalario de Ourense e no Complexo Hospitalario de Santiago, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.



O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 133. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.092, deles 848 son da área da Coruña (-56), 503 da de Lugo (-23), 891 da de Ourense (+41), 722 da de Pontevedra (-43), 460 da área de Vigo (-31), 547 da de Santiago (+8), e 121 da de Ferrol (-7).

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 754 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 499.201

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.


Comentarios
Lo más