miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Acusan a Bugallo de mentir sobre non poder poñer multas máis disuasorias polas festas en pisos

Acusan a Bugallo de mentir sobre non poder poñer multas máis disuasorias polas festas en pisos
Acusan a Bugallo de mentir sobre non poder poñer multas máis disuasorias polas festas en pisos

Os Populares advirten que o alcalde “inventa pretextos” e que, en ningunha Ordenanza municipal, nin en ningún informe ou instrución internos, se limita a sanción a 200 euros e que o Goberno local dispón dunha marxe razoable de subida, que por razóns políticas non quere aplicar

O Grupo Municipal Popular insta ao alcalde a non faltar a verdade, a recoñecer que o Concello si que pode impoñer, conforme a súa Ordenanza, multas máis disuasorias polas festas nos pisos e a asumir a súa responsabilidade, sen descartar por elo que tamén lle poida solicitar á Xunta unha habilitación legal complementaria e específica para sancionar máis duramente polo risco que as festas nos pisos supoñen para a saúde pública.

Os Populares advirten que o alcalde “inventa pretextos” e que, en ningunha Ordenanza, nin en ningún informe ou instrución internos, se limita ou se fixa a sanción en 200 euros.

Concretamente, o Grupo Municipal Popular lembra que a actual Ordenanza de ruídos ofrece un abano de entre 60 e 1.500 euros para sancionar as festas nos pisos polo que supoñen de molestia ruidosa para a veciñanza.

Recoñecen os Populares que, se non concorre reincidencia ou outras circunstancias agravantes, o Concello non podería impoñer unha multa de 1.500 euros, pero subliñan que, aínda que non concorran circunstancias agravantes, o Concello si que pode impoñer unha sanción superior á de 200 euros.

Os Populares entenden os populares que unha subida a 500 euros respectaría os criterios de gradación proporcional das sancións e atendería á previsión legal que advirte que “el establecimiento de sanciones pecuniarias deberá prever que la comisión de las infracciones tipificadas no resulte más beneficioso para el infractor que el cumplimiento de las normas infringidas”.

Establecementos

O Grupo Popular insta tamén ao alcalde a aclarar, sen demora, que administración debe tramitar os expedientes sancionadores aos establecementos que incumpran as medidas anticovid. Aínda que o prazo de prescrición das infraccións sexa amplo (período de tempo para incoar o procedemento sancionador), entenden os Populares que os expedientes sancionadores por incumprimentos da normativa antiCovid deben ser incoados sen dilación, a fin de non demorar o necesario efecto disuasorio que deben ter as sancións. 

Comentarios
Lo más