Os casos activos baixan en 111 ata os 4.092, 8 máis na área de Santiago
Un total de 19.714 pacientes xa están curados
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.092, deles 848 son da área da Coruña (-56), 503 da de Lugo (-23), 891 da de Ourense (+41), 722 da de Pontevedra (-43), 460 da área de Vigo (-31), 547 da de Santiago (+8), e 121 da de Ferrol (-7).
Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 751 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 499.201
| TOTAL GALICIA | DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS | |
| NÚMERO DE CASOS | 4.092 | 307 (usuarios) |
| 130 (profesionais) | ||
| FALECEMENTOS | 751 | 148 (en residencias) |
| 179 (en hospitais e residencias integradas) |
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
| CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS | TOTAL GALICIA |
| NÚMERO DE POSITIVOS | 375 |
| AULAS PECHADAS | 28 |
| CENTROS PECHADOS | 0 |
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.