miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A chuvia seguirá sendo protagonista en Compostela

A chuvia seguirá sendo protagonista en Compostela
A chuvia seguirá sendo protagonista en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 11 e os 15 graos

O venres Galicia quedará na influencia dunha profunda borrasca que se situará sobre a Bretaña francesa, con entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos localmente fortes, ocasionalmente con sarabia e aparato eléctrico. Estas precipitacións poderán ser en forma de neve nos cumios máis altos. As temperaturas sufrirán un moderado descenso, con sensación intensa de frío debido aos ventos do noroeste que soprarán fortes durante toda a xornada no litoral e moderados con intervalos fortes no interior.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más