miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Outubro comeza con chuvia en Compsotela

Outubro comeza con chuvia en Compsotela
Outubro comeza con chuvia en Compsotela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 17 graos

Despois do paso da fronte durante a madrugada, nas primeiras horas do xoves quedaremos nunha situación de chuvascos illados e ocasionais. Á tarde os ceos iranse cubrindo progresivamente á espera dunha nova fronte que chegará pola noite e deixará chuvias en toda a Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte e refachos moi fortes á noite.

En Compostela prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán lixeiramente.





Comentarios
Lo más