miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Urxen ao Concello a distribuír máscaras entre o alumnado de Infantil e Primaria ou a axudar ás familias para a súa adquisición

Urxen ao Concello a distribuír máscaras entre o alumnado de Infantil e Primaria ou a axudar ás familias para a súa adquisición
Urxen ao Concello a distribuír máscaras entre o alumnado de Infantil e Primaria ou a axudar ás familias para a súa adquisición

CA propón que se destinen ás máscaras os fondos sobrantes da convocatoria de bolsas para actividades extraescolares que non se están a desenvolver

María Rozas pediulle ao Goberno local que habilite fórmulas para que o Concello “distribúa máscaras entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria do municipio ou poida axudar ás familias na súa adquisición”. A concelleira de Compostela Aberta lembrou que “o Concello tén capacidade e ferramentas para contribuír a afrontar este gasto extraordinario co que se atopan as familias nesta atípica volta ao colexio”, e pediulle ao Goberno do PSOE “que se poña do lado das nais e pais, para cubrir o oco que vén de deixar a Xunta, ao opoñerse o PP no Parlamento ao financiamento destes elementos de seguridade tan necesarios e obrigatorios”.

María Rozas explicou que existen diferentes fórmulas que serían viables para que o Concello axude ás familias a afrontar o gasto extraordinario que supoñen as máscaras. Unha delas, apuntou a concelleira de CA, sería “que o propio Concello asuma a compra deste material, para distribuílo despois nos centros educativos”. Outra fórmula viable sería a realización dunha convocatoria extraordinaria de bolsas para a adquisición de máscaras, “que podería rexirse polas bases que xa están aprobadas para a convocatoria de bolsas para a compra de material escolar, con algunhas modificacións”. A máis importante, apuntou a concelleira de CA, “sería extender a axuda a todo o alumnado de educación Infantil e Primaria, habida conta de que neste caso a Xunta non vai atender a demanda da comunidade educativa e non vai contribuír ao financiamento dese gasto”. Rozas explicou que “o Goberno vai ter recursos sobrantes da convocatoria de bolsas para comedor escolar, material e actividades  extraescolares, publicada o 29 de xuño, porque a situación de pandemia motivou a suspensión da práctica totalidade das actividades extraescolares e, xa que logo, as familias non farán uso deses fondos a curto prazo”. A edila lembrou que “os nenos e nenas teñen que levar cando menos dúas máscaras cada día ás súas aulas, o que supón un gasto duns 40 euros ao mes no caso da utilización das máscaras cirúrxicas, unha cantidade importante para moitas familias, e máis no actual contexto de crise”.


Comentarios
Lo más