miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

USC e Hostelería Compostela impulsan unha campaña para promover o ocio responsable entre o alumnado

USC e Hostelería Compostela impulsan unha campaña para promover o ocio responsable entre o alumnado
USC e Hostelería Compostela impulsan unha campaña para promover o ocio responsable entre o alumnado

A través de vídeos difundidos en redes sociais xunto co hastag #NONalies preténdese concienciar de que o cumprimento exemplar das recomendacións sanitarias debe manifestarse tamén fóra dos espazos universitarios

USC e Asociación Hostelería Compostela presentaron este mércores unha campaña de comunicación dirixida a concienciar ao alumnado da necesidade de desenvolver un ocio responsable. A través das redes sociais, difundiranse unha serie de vídeos, entre outro material divulgativo, destinados a fomentar o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias, o cal supón “a reconquista, a recuperación de espazos e hábitos que a COVID nos foi roubando”, tal e como sinalou o director do Gabinete do Reitor e responsable da campaña, Carlos Toural Bran

Neste senso, o xerente  Javier Ferreira subliñou que a USC conta xa con preto de 250 alumnos e alumnas voluntarias que ao longo do curso desenvolverán labores de concienciación entre os seus compañeiros e compañeiras para potenciar hábitos e condutas saudables, así como a responsabilidade individual de cada quen. “Debemos conciencialos da necesidade de cambiar os usos horarios”, apuntou en relación aos horarios de peche das instalacións hostaleiras como consecuencia das restricións sanitarias. Nesta mesma liña, Sara Santos, presidenta da Asociación Hostelería Compostela, e Sergio Fernández, membro da xunta directiva da entidade, destacaron que “o ocio responsable prodúcese nos establecementos de hostalaría”. “O ocio é necesario pero non podemos baixar a garda”, destacaron.

Máscara facial en todo momento

O xesto de sacar a máscara só no intre exacto de consumir, mantendo a boca cuberta o resto do tempo, é o aspecto que destaca nun dos vídeos o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira. “O risco no espazo universitario é mínimo”, apuntou Mira na rolda de prensa de presentación da campaña que se difundirá xunto ao cancelo #NONalies.

Algún dos videos da campaña:








Comentarios
Lo más