miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Instan a Bugallo a dar unha resposta propia, firme e inmediata, aos excesos no ocio

Instan a Bugallo a dar unha resposta propia, firme e inmediata, aos excesos no ocio
Instan a Bugallo a dar unha resposta propia, firme e inmediata, aos excesos no ocio

O Grupo Popular tamén solicita que se tramiten co maior rigor e dilixencia , sen ningún tipo de titubeo e sen escorrer o vulto , os expedientes sancionadores contra os establecementos públicos que incumpran as normas ditadas para previr a pandemia

O Grupo Municipal Popular insta ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a dar unha resposta propia, firme e inmediata aos excesos do ocio que supoñan un risco para a saúde pública. Tal resposta, a xuízo dos Populares, ten que vir dada por unha rigorosa e dilixente tramitación dos expedientes sancionadores; tanto dos incoados polas festas nos pisos como dos referidos a aqueles establecementos públicos que contraveñan as normas sanitarias de prevención da Covid 19.

Sancións ridículas

O Grupo Popular propón que se incrementen as multas que se impoñen por celebrar festas nocturnas nos pisos, producindo ruídos durante a noite, susceptibles de ser sancionados conforme a Ordenanza Xeral de Ruídos. Tales infraccións son sancionadas cun contía ridícula de 200 euros, susceptible de reducirse entre un 20 e un 40%, e levan anos sen actualizarse. As sancións sáenlle a conta ao organizador da festa, que cunha pequena recadación a escote entre os participantes fai fronte á multa sen maior problema.

Os Populares lembran que aínda que á sanción prevista na ordenanza está pensada unicamente para garantir o dereito ao descanso da veciñanza, e non para garantir as medidas de saúde pública, tal multa, imposta agora nun grado moi baixo, debe ser incrementada á vista da proliferación das festas e á vista do previsto no artigo 29 da Lei 40/2015, que establece claramente que “o establecemento de sancións pecuniarias deberá prever que a comisión das infraccións tipificadas non resulte máis beneficiosa para o infractor que o cumprimento das normas infrinxidas”.

Para proceder á elevación da sanción, lembran os Populares, non é necesario modificar a ordenanza, pois a conduta de “berrar ou vociferar” poder ser sancionada cunha multa de entre 60,10 e 1.502,53 euros. Aínda que, tal e como apuntaba o alcalde, sería cuestionable elevala, sen reincidencia ou sen outras circunstancias agravantes, ao grado superior dese abano (aos 1.500 euros), os Populares entenden que hai marxe para elevar a actual contía de 200 euros cando menos a 500 euros, (ao grado máximo do primeiro terzo do abano), posibilidade que depende do instrutor ou dos criterios que aprobe a Xunta de Goberno, (tal e como fixo, nun suposto análogo -referido a determinados establecementos- e en dirección contraria, o goberno de CA, cando en decembro de 2016 aprobou unhas instrucións orientadas, segundo os populares, a garantir a impunidade dos infractores).

O Grupo Popular pídelle tamén ao alcalde que os expedientes sancionadores a aqueles establecementos públicos que salten a normativa anti Covid-19, nun contexto de alto risco como o actual (comprometendo, ademais, a imaxe global da hostalería) se tramiten co máximo rigor e dilixencia, sen ningún tipo de titubeo, e que as supostas dúbidas -xa despexadas pola Xunta- sobre a competencia do Concello non agochen un intento de “escorrer o vulto ”.

Os Populares tamén entenden que non se pode volver a producir a situación como a vivida hai uns días, nos que nun pub decenas de persoas sobrepasaban os limites de aforo ou bailaban sen máscara e sen manter a distancia de seguridade, sen que, ademais, fosen identificadas a fin de garantir a trazabilidade dun posible contaxio. Neste sentido, os Populares urxen un protocolo policial para que nunha situación como a referida se proceda, sequera sexa por prevención, ás identificacións oportunas. 

Comentarios
Lo más