miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso é o escenario elixido por Mercedes Peón para presentar este domingo 'Deixaas'

Oroso é o escenario elixido por Mercedes Peón para presentar este domingo 'Deixaas'
Oroso é o escenario elixido por Mercedes Peón para presentar este domingo 'Deixaas'

No parque co Carboeiro

O Concello de Oroso será este domingo, día 4 de outubro, o escenario elixido por Mercedes Peón para a presentación do seu espectáculo ‘Deixaas’, concretamente no parque do Carboeiro.

O concerto, que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, foi presentado esta mañá en Santiago pola propia artista, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

A entrada o concerto, que será o domingo ás 17:30 horas, e gratuíta pero é imprescindible reservar con anterioridade no número de teléfono 981 690903 (de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres). O aforo será limitado pola actual situación sanitaria.

“Como alcalde de Oroso teño que dicir que fomar parte e acoller este concerto de Mercedes Peón no noso concello ten unha satisfacción triple, xa que trátase dunha actividade que combina cultura, natureza e lingua, tres prioridades de goberno no noso concello”, explicou Manuel Mirás.

O alcalde agradeceu o interese de Mercedes Peón polo Carboeiro, “un paraxe de excepcional valor ecolóxico que recuperamos hai dez anos e onde predominan o arboredo de ribeira, como os abeneiros, e o arboredo autóctono, como os carballos e os bidueiros”.

“Pensamos que é un marco idóneo para a celebración dun concerto que seguro provocará moita expectación, máis de 5.000 persoas asisten cada ano ás actividades da nosa programación cultural, maioritariamente en galego e apostando polo teatro e a música galega”, engadiu.

En palabras de Mirás Franqueira, “cremos na cultura segura, levamos semanas en Oroso organizando actos culturais nos que o comportamento do público é exquisito, cumprindo todos os protocolos e recomendacións sanitarias”.

Comentarios
Lo más