Día de ceos despexados en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 21 graos
Galicia continuará na influencia das altas presións, con entrada de aire cálido, polo que se agarda unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará moi frouxo de compoñente norte.
En Compostela agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións do mércores pola noite ó xoves pola mañá e o xoves pola noite. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.