Tempo sen cambios en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 18 graos
Durante este día chegará a Galicia unha masa de aire frío, impulsada polos ventos do noroeste. Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes e claros, con chuvascos máis probables no norte e leste da Comunidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, acadando valores baixos para esta época do ano. Os ventos soprarán do noroeste, moderados, con intervalos fortes no litoral norte.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado.