Máis fresco e posibilidade de chuvia
As temperaturas en Santiago oscilarén entre os 10 e os 18 graos
Durante este día chegará a Galicia unha masa de aire frío, impulsada polos ventos do noroeste. Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes e claros, con chuvascos máis probables no norte e leste da Comunidade pola mañá. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, acadando valores moi baixos para esta época do ano. Os ventos soprarán do nordés, moderados, con intervalos fortes no litoral norte.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en ascenso lixeiro.