miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación de Veciños Fonseca reúnese con Mercedes Rosón para analizar os avances de proxectos clave para a cidade histórica

A Asociación de Veciños Fonseca reúnese con Mercedes Rosón para analizar os avances de proxectos clave para a cidade histórica
A Asociación de Veciños Fonseca reúnese con Mercedes Rosón para analizar os avances de proxectos clave para a cidade histórica

O presidente da Asociación de Veciños da Cidade Histórica “Fonseca”, Roberto Almuiña, e o seu vicepresidente, José Baqueiro, reuníronse  coa concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, para tratar diversas cuestións de interese para á agrupación veciñal e fundamentais para o desenvolvemento do casco histórico da cidade.

Un dos temas que máis preocupan á asociación é o da febra óptica. A concelleira explicou que o acordo recolle que o despregue estará listo na primavera de 2021, pero semanalmente unha comisión municipal, composta por membros do Concello, do Consorcio e da empresa executora da febra óptica, reúne para facer seguimento do proxecto. Anunciou tamén aos representantes veciñais que as obras de instalación comezarán previsiblemente pola rúa do Franco e polos números pares da rúa do Vilar.

En canto á peonalización da Praza de Mazarelos, Mercedes Rosón sinalou que, xa coa vexetación eliminada do arco da porta desde o verán, proximamente procederase a levantar os bolardos e sinais obsoletas, ademais de cortar o tráfico antes de acometer as obras previstas para o mes de outubro. Neste punto, Roberto Almuíña considera que sería preciso afondar máis sobre a distribución de mercadorías, ao que Rosón engadiu que se está elaborando xa un documento de traballo. “Sería bo momento para facer unha análise do tráfico rodado da cidade” –manifestou–. Ademais, para analizar en profundidade o plan de Mazarelos convocarase nos vindeiros días unha reunión con representantes das concellarías de Tráfico e Cidade Histórica, Consorcio de Santiago e a Asociación de Veciños da Cidade Histórica “Fonseca”.

A situación de certos edificios baleiros da cidade histórica foi outro punto de interese que se tratou na reunión. Aínda que como lembrou Rosón as axudas á rehabilitación de vivendas minguaron notablemente pola redución do orzamento do Consorcio de Santiago, apuntou que xa están en marcha algúns proxectos como o da Casa de Cotos, en Casas Reais, un inmoble modernista no que se van a construír oito vivendas e que actualmente ten pendente o trámite de licenza. Ao respecto, Rosón explicou aos representantes veciñas que se está a crear un equipo de traballo para actualizar o censo de casas baleiras ou en ruínas no casco histórico. “Esperamos que de os seus froitos, para que multitude de vivendas se poidan activar e recuperar o seu esplendor” –destacou Almuíña–.

Analizaron tamén a situación do muro do Pombal, cuxo proxecto de reconstrución xa está aprobado e coas negociacións en marcha cos propietarios dos terreos, ben para que cedan a súa propiedade ao Concello ou para que se fagan cargo da limpeza da vexetación das súas fincas.

Sobre o local que actuará como centro das asociacións da cidade histórica, a concelleira anunciou a Almuíña e Baqueiro que o convenio con Abanca –propietaria do inmoble da Praza de Salvador Praga onde irá situado o local social– está apunto de ser asinado para proceder á posta en marcha das tarefas de adaptación.


Comentarios
Lo más