Día de nubes en Compostela
08:00 23/09/20
08:00 23/09/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 22 graos
Unha fronte afectará a Galicia durante este día. Deste xeito agárdanse ceos con nubes de tipo medio e alto con posibilidade de chuvascos, máis probabes pola mañá. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de componente oeste.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o martes, o mércores e o xoves. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado aínda que oscilarán.