O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra desbroza e limpa de maleza o cumio do Coto de San Sebastián
Os alumnos e alumnas desempregados que forman parte do Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 desbrozaron e limparon de maleza nestes últimos días o Coto de San Sebastián, no Concello de Touro.
Este miradoiro, de 385 metros de altitude, está entre as parroquias de Loxo e Fontes Rosas, e dende alí pódese divisar o Pico Sacro, o aeroporto de Lavacolla, todas as localidades da contorna e as serras de Farelo, Candán e Barbanza.
Os traballadores e traballadoras desempregados do obradoiro de emprego, que ainda seguen traballando nesta área, despexaron a zona de maleza, desbrozaron os toxos e xestas e retiraron a vexetación que impedía desfrutar das vistas que desde alí se poden apreciar. No Coto de San Sebastián atópase un castro de forma ovalada que circunda o cumio. Según os expertos, está composto por un recinto definido por un terraplén e unha terraza que fai de antecastro na zona norte. Toda esta área tambén foi despexada de maleza e agora apreciase os muros que discorren arredor do cumio de San Sebastián e nos que se adiviñan as construcción do castro.
Os 20 alumnos desempregados que se están a formar no Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 retomaron a inicios de verán a súa actividade tras o parón a causa da pandemia da Covid-19. Esta iniciativa de formación financiada pola Consellería de Economía, Empre