Volve a chuvia a Compostela
08:00 22/09/20
08:00 22/09/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 23 graos
Comezamos a quedar baixo a influencia dunha borrasca centrada no Mar do Norte. Teremos ceos con intervalos anubrados e chuvias intermitentes, que comezarán polo oeste pero que se irán estendendo a toda Galicia durante a tarde e noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, quedando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente oeste en xeral.
En Compostela prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o martes e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.