Piden a Raxoi que informe sobre a xefatura de Incendios
O Grupo Municipal Popular pide información ao Goberno de Sánchez-Bugallo sobre a dirección do Servizo Municipal de Extinción de Incendios de Santiago
O Grupo Municipal Popular preguntará ao Goberno de Sánchez Bugallo, no vindeiro Pleno ordinario deste mes de setembro, sobre a frecuencia coa que se reúne o xefe do Servizo de Extinción de Incendios cos mandos intermedios e si o Goberno local considera axeitado o actual grao de interlocución entre a referida xefatura e os mandos.
Así mesmo, preguntarán tamén si se ten garantida, para os vindeiros meses, a cobertura da praza do xefe do Servizo de Extinción de Incendios.
"Mando e mandos"
Para os Populares non pode volver a quedar vacante a xefatura do servizo, pero tampouco debe volver a darse unha situación na que se prescinda dos sarxentos.
Sostén o Grupo Popular que "aos sarxentos correspóndelles o segundo nivel de mando e responsabilidade; é con eles con quen o xefe do servizo debe compartir e trasladar os seus criterios, e é a eles a quen lle corresponde trasladar ao xefe do servizo a información relativa aos operativos e ás necesidades".