miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os casos activos baixan en 15 ata os 4.350, 11 máis na área de Santiago

Os casos activos baixan en 15 ata os 4.350, 11 máis na área de Santiago
Os casos activos baixan en 15 ata os 4.350, 11 máis na área de Santiago

Un total de 16.758 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350 deles 1.178 son da área da Coruña (-45), 725 da de Lugo (-19), 527 da de Ourense (+18), 658 da de Pontevedra (+7), 440 da área de Vigo (+9), 637 da de Santiago (+11), e 184 da de Ferrol (+3).

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 4.114 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.768 persoas curadas, rexistrándose 715 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron varón de 96 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e unha muller de 85 años que tamén faleceu no HULA. Todos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 426.934.

Comentarios
Lo más