Interpelan ao Goberno local para despexar as dúbidas dos remanentes acumulados polo Concello
Quiroga preguntará cal é a explicación do Goberno local para que se xeren de forma recorrente remanentes de incerta xestión e que medidas de reforma administrativa real ten adoptadas e vai a adoptar o Goberno municipal para corrixir a obtención inflada de superávits e a perda millonaria de investimentos
O Grupo Municipal do Partido Popular preguntará ao Goberno local cal é a explicación do Goberno local para que se xeren de forma recorrente remanentes de incerta xestión e que medidas de reforma administrativa real ten adoptadas e vai a adoptar o Goberno municipal para corrixir a obtención inflada de superávits e a perda millonaria de investimentos
O vicevoceiro Popular, Ramón Quiroga, denuncia que a obtención de esaxerados e descompensados superávits polo Concello, que finalmente se dedican ao financiamento anticipado de débeda ou se pretenden confiscar polo Goberno central, sen que se poña coto a dita situación nin se adopten as medidas oportunas, é unha casuística recorrente desde hai anos.
Quiroga destacou que, ata a data, “non coñecemos ningún plan de medidas de Reforma Administrativa que posibilite axilizar a execución de orzamentos, que eviten ridículas porcentaxes de execución, que despois se transforman en superávits esaxerados, para acabar anticipando os cartos aos bancos, en vez de investilos na cidade cunhas graves necesidades de axudas en todos os ámbitos derivadas da pandemia actual”.
Os Populares tamén buscan información sobre si o Goberno de Sánchez Bugallo dispón dunha relación de proxectos e programas xa ultimados susceptibles de seren executados cos remanentes e se ten unha prelación prioritaria dos mesmos. Así mesmo, o vicevoceiro interpelará a o Goberno local se ten previsto crear unha comisión municipal para este fin, contando cos grupos da oposición municipal.
Outro dos asuntos que preocupan ao Grupo Municipal Popular é que ten pensado facer o Goberno de Sánchez Bugallo no caso de verse obrigado a unha amortización anticipada, se pensa nalgún tipo de endebedamento estratéxico e que previsión de remanentes ten para este ano.
Desde que tomou posesión o novo Goberno Local, o Concello leva perdidos para a cidade cantidades millonarias en investimentos. Só no ano anterior, a perda ascendeu a 12,6 millóns de euros, máis outras cantidades que se podían ter habilitado para gasto corrente.
Os Populares remarcan que o Goberno local continúa a aprobar orzamentos que non cumpren as expectativas para a capital de Galicia e non executa nos tempos e prazos necesarios, ademais de aprobalos completamente fóra de prazo.