O PP demanda medidas de prevención da covid-19 no novo transporte urbano
Os Populares solicitan esta información tendo en conta que o Concello de Santiago mantén a prestación deste servizo, desde hai case tres anos, sen contrato e que, a día de hoxe, aínda non se produciu a súa licitación
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, María Castelao, preguntará no vindeiro Pleno ordinaro deste mes de setembro se o Goberno de Sánchez Bugallo ten contemplado a inclusión nos pregos de licitación do transporte público de viaxeiros cláusulas que contemplen unha situación de pandemia como a vivida e, particularmente, que garantan a implantación de medidas extraordinarias para facer fronte ás continxencias sanitarias da pandemia.
María Castelao subliñou que o Goberno local tamén debe informar da data na que ten pensado regularizar a contratación da prestación deste servizo, co fin de adaptalo ás demandas e necesidades actuais.
O Grupo Municipal Popular lembra que a continuada situación de alerta sanitaria que está a causar a propagación da Covid-19 está a introducir normas que se plasman en protocolos específicos de aplicación nos máis diversos ámbitos, tanto da esfera privada como pública, e, de forma especialmente intensa, nas administracións públicas e nos servizos básicos que estas prestan ao conxunto da cidadanía.
Un deses servizos básicos é o transporte público de viaxeiros que, por tratarse dun servizo esencial, que se desenvolve en espazos pechados onde habitualmente se concentra un gran número de persoas, debe extremar as súas medidas de prevención e hixiene, a fin de tratar de garantir unha contorna segura e confiable para as persoas usuarias.
Os Populares solicitan esta información tendo en conta que o Concello de Santiago mantén a prestación deste servizo, desde hai case tres anos sen contrato e que, a día de hoxe, aínda non se produciu a licitación de dito servizo: