miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lousame abre as inscricións nas clases de ximnasia de mantemento para adultos

Lousame abre as inscricións nas clases de ximnasia de mantemento para adultos
Lousame abre as inscricións nas clases de ximnasia de mantemento para adultos

O Concello de Lousame mantén as actividades para adultos pero non ofertará este ano as escolas deportivas xa que o protocolo contra a Covid impide que seguisen tendo lugar no propio colexio

A Concellería de Deportes do Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nas clases de ximnasia de mantemento para o curso 2020-2021, que darán comezo o vindeiro 5 de outubro. As anotacións poden formalizarse na Oficina Municipal de Deportes ou chamando ao 981 825 780.

As clases impartiranse de luns a xoves, en horario de 19:00 a 20:00 horas, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra seguindo estritamente as indicacións do protocolo Covid-19 para este tipo de actividades: desinfectar mans e calzado, manter unha distancia mínima de seguridade de dous metros, traer a esteira da súa casa... De feito, unha ducia de veciños e veciñas de Lousame xa participaron durante este verán nesta actividade, que se desenvolveu con total normalidade e sen incidencia ningunha.  

Porén, o Concello de Lousame decidiu non convocar este ano as escolas deportivas municipais, debido a que estas se viñan impartindo no CPI Cernadas de Castro durante o horario do comedor. Unha circunstancia que agora, pola aplicación do protocolo Covid para os centros de ensino, non é posible levar a cabo nas instalacións escolares e porque suporía tamén mesturar nenos e nenas de distintas idades, cando nas clases o que se busca é precisamente o contrario.

Comentarios
Lo más