Despois da tormenta, chega a calma
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 27 graos
Aínda persistirá a inestabilidade atmosférica durante o venres. Con esta situación teremos ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos, máis probables no interior e nas zonas altas. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur pola mañá, rolando durante o día ata compoñente leste, serán frouxos en xeral, con intervalos de moderado na costa norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros.As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado.