miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Instan ao alcalde a que abra ao conxunto dos cidadáns a retransmisión gratuíta dos concertos da Filharmonía

Instan ao alcalde a que abra ao conxunto dos cidadáns a retransmisión gratuíta dos concertos da Filharmonía
Instan ao alcalde a que abra ao conxunto dos cidadáns a retransmisión gratuíta dos concertos da Filharmonía

Sánchez Brunete considera que “sería unha maneira de que toda a cidade se sume á celebración do 25 aniversario da Orquestra e, polo contrario, sería clasista e elitista que o conxunto da poboación, que cubre o 97,5 % do custo da Filharmonía, non puidese acceder á mesma nun contexto de butacas virtuais ilimitadas ”

O Grupo Municipal do Partido Popular insta ao Alcalde e Presidente do Consorcio a que abra ao conxunto dos cidadáns a retransmisión gratuíta dos concertos da Filharmonía.

O portavoz popular, Alejandro Sánchez-Brunete, considera que “sería unha maneira de que toda a cidade se sume á celebración do 25 aniversario da orquestra e, polo contrario, sería clasista ou elitista que o conxunto da poboación, que cubre polo menos o 97,5% do custo da Filharmonía, non poida acceder á mesma nun contexto de butacas virtuais ilimitadas”.

Consideran os Populares que o acceso do conxunto non ten por que prexudicar en nada aos aboados que convencionalmente cobren o 2,5% do custo da Filharmonía e que estarían encantados de compartir por internet os concertos con aqueles concidadáns que veñen sostendo co seu esforzo fiscal o 97,5% do custo da orquestra. “Coa transmisión aberta por internet, os aboados non teñen por que perder e os cidadáns si gañan”, sosteñen os Populares.

Pola súa banda, José Antonio Constenla, representante Grupo Popular no Consello do Auditorio, sinalou que a apertura gratuíta dos concertos da Filharmonía por internet ao conxunto dos cidadáns “sería unha maneira efectiva de facer máis eficiente un gasto de 4,5 millóns de euros -que pasarían de ter só uns centos de destinatarios a ter miles- e unha oportunidade para captar máis público que faga a orquestra máis sostible no futuro”.

Comentarios
Lo más