miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O IES Rosalía de Castro pon as clases de bacharelato en horario de tarde

O IES Rosalía de Castro pon as clases de bacharelato en horario de tarde
O IES Rosalía de Castro pon as clases de bacharelato en horario de tarde

Así o comunicou ás familias e na súa páxina web

O retraso dunha semana no inicio de curso en secundaria e bacharelato daba opción aos institutos de organizar ese comezo de curso e planificar a distribución das clases, decidir aforos, horarios...

Neste senso no día de hoxe o IES Rosalía de Castro comunicou que debido a imposibilidade de adaptar os espacions para todos os seus alumnos, a ESO cursarases en horario de mañá mentres que o bacharelato pasará a ser polas tardes. 

Así versa o comunicado:

Prezadas familias:

Reiteramos as disculpas por non poder informalos antes sobre o inicio do curso. Desde hai semanas levamos traballando día e noite para buscar unha organización do curso que respecte a medida de seguridade de 1,5 metros e ao mesmo tempo garanta un ensino de calidade. Como vostedes saben, o espazo das nosas aulas é moi reducido e con esa medida temos que facer moitos máis grupos de clase: case o dobre na ESO e a metade máis no bacharelato. Con tantos grupos non é posible encaixalos todos nunha soa franxa horaria, polo que a ESO vai ser pola mañá, entrada ás 8.45, e o bacharelato pola tarde, desde as 16.00, segundo indicacións da Administración Educativa.

O bacharelato vai ser presencial grazas ao sobresforzo e o compromiso que asumiu o profesorado do centro para atender os desdobres de bacharelato que fixemos a maiores.

Na páxina web do centro manterémolos informados do inicio do curso escolar.

Saúdos cordiais,


A dirección

Comentarios
Lo más