A Cámara de Comercio de Santiago estará na sétima edición do Pont Up Store en Pontevedra
A Cámara de Santiago participará nunha xornada de internacionalización
No marco da programación da sétima edición do Pont Up Store en Pontevedra a Cámara de Comercio de Santiago colabora coa xornada de internacionalización do encontro que terá lugar este venres 18 de setembro de 18 a 20 horas e que será organizada e presentada na plataforma dixital Zoom polas entidades Ticket2Europe e Espazo Arroelo.
A Cámara busca promover o encontro empresarial entre entidades de Galicia e Norte de Portugal, así como poñer en valor o traballo de cooperación transfronteirizo realizado no propio LIDERA e noutros proxectos europeos de Galicia e Portugal nos que colaboran as distintas entidades e empresas participantes na sesión.
Debido ás circunstancias actuais de restricións en Pontevedra para actividades presenciais debido a COVID-19, todo o evento será en formato dixital e gratuíto, previa inscrición.
Esta actividade enmárcase dentro da programación da Cámara de Comercio no proxecto LIDERA, proxecto de coperación transfronteiriza cofinanciado polo Programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.