O termómetros seguen a pleno rendimiento en Santiago
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 20 e os 30 graos
O domingo Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Europa central e unha baixa relativa ao oeste de Portugal. Así, os ceos estarán parcialmente anubrados, quedando máis despexados no terzo norte. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso e as máximas sen cambios, con lixeiros ascensos no terzo norte e lixeiros descensos ao sur. O vento soprará frouxo de dirección variable en xeral.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións o luns pola mañá e do luns pola noite ó martes pola noite. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en descenso notable.