miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

'O galego confinado', tema central do VI Premio Literario 'Mazarelos'

'O galego confinado', tema central do VI Premio Literario 'Mazarelos'
'O galego confinado', tema central do VI Premio Literario 'Mazarelos'

O prazo de presentación de traballos remata o venres 25 de setembro ás 14.00 horas

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca a sexta edición do Premio Literario 'Mazarelos', para fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega. Este certame contribúe a descubrir potenciais figuras da literatura na nosa lingua.

O Premio Literario 'Mazarelos' está dirixido a alumnado de grao, mestrado e doutoramento que estea matriculado na USC en calquera momento do ano 2020, con anterioridade ao 25 de setembro, data de finalización do prazo para a presentación de traballos. Os participantes poderán entregar unha única obra de calquera xénero literario, orixinal, escrito en lingua galega e inédito, arredor do tema 'O galego confinado'.

Este certame está dotado con tres premios de 700, 400 e 200 euros, xunto con diploma honorífico. O Concurso Literario "Mazarelos" conta co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más