miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso inaugura GóisOrosoArte 2020

Oroso inaugura GóisOrosoArte 2020
Oroso inaugura GóisOrosoArte 2020

O centro cultural de Oroso acolle ata o próximo día 30 unha nova edición do seu certame internacional de arte GóisOrosoArte 2020.


Como consecuencia da crise sanitaria do coronavirus, nesta ocasión non houbo unha inauguración oficial como é habitual, pero todas aquelas persoas interesadas poden visitar a mostra, cumprindo as recomendacións sanitarias e as indicacións do persoal do centro cultural.

 “A dura pandemia marcará para sempre este ano 2020, pero tanto en Oroso como o noso municipio irmán de Góis tivemos claro desde un primeiro momento que o certame internacional de arte tiña que celebrarse e cumprir 15 anos, 24 no caso de Góis Arte, ao que uniuse Oroso cando xa levaba nove edicións”, afirma o alcalde, Manuel Mirás.

Óleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura… todas as disciplinas artísticas están presentes en GóisOroso Arte, con obras de artistas de 15 países diferentes.

Comentarios
Lo más