miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Satisfacción en Brión coa boa acollida do programa “Brión coa cultura”

Satisfacción en Brión coa boa acollida do programa “Brión coa cultura”
Satisfacción en Brión coa boa acollida do programa “Brión coa cultura”

A concelleira de Cultura de Brión, Sandy Cebral, amosa a súa satisfacción pola boa acollida que tivo na Luaña a primeira das actividades que compoñen o programa “Brión cultural”, unha iniciativa artellada polo Concello con representantes do sector cultural brionés para levar espectáculos gratuítos e de pequeno formato polas distintas parroquias do municipio.


Luís Vallecillo foi o encargado de abrir a programación con “Cantamos”, un espectáculo de música infantil e familiar baseado no seu audiolibro do mesmo nome. “Contamos coa participación de numerosas familias da zona, que desfrutaron da actuación coas súas crianzas ao tempo que mantiñan a distancia de seguridade e cumprían todos os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias”, explica Sandy Cebral.

Este venres 11 de setembro, ás 18:00 horas, Títeres Alakrán presentará na parroquia dos Ánxeles o seu “Circo Galaico”, onde os acróbatas e malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabaril, o logo ou a pita de monte. E para a fin de semana, Brión acollerá o humor de “Cartóns”, de Produccións Teatrais Excéntricas, o sábado 12, ás 18:00 horas; mentres que o domingo 13 haberá dobre programa ás 18:00 horas: Charo Pita porá en escena “A familia Papaventos” en Bastavales; mentres á mesma hora A Xanela do Maxín fará o propio con “A viaxe de Saira” en Viceso.

Comentarios
Lo más