miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os casos activos baixan en 6 ata os 4.358, 1 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 6 ata os 4.358, 1 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 6 ata os 4.358, 1 menos na área de Santiago

Galicia detectou 274 nuevos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, pero o número de casos activos, no que inflúen tamén as altas e los falecementos, rexistrou un leve descenso, de seis, e sitúase en 4.358 este xoves.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358 deles 1.407 son da área da Coruña (-17), 894 da de Lugo (-26), 473 da de Ourense (+11), 402 da de Pontevedra (+23), 348 da área de Vigo (+4), 658 da de Santiago (-1), e 176 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 184 en unidades de hospitalización e 4.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.434 persoas curadas, rexistrándose 672 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 78 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 380.003.

Comentarios
Lo más