miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza sen cambios no tempo

A semana comeza sen cambios no tempo
A semana comeza sen cambios no tempo

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 23 graos

O luns continuaremos baixo influencia anticiclónica e con circulación do nordés. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes baixas ao norte. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés moderado, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

En Compostela prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más