miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Área Empresarial do Tambre e Cáritas Interparroquial Santiago fan seguimento do convenio para promocionar o emprego e a formación

Reuníronse no Centro Empresarial do Tambre para poñer en marcha o acordo de maneira “efectiva” 

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e Cáritas Interparroquial Santiago mantiveron esta semana unha sesión de traballo e coordinación para o seguimento do convenio asinado no mes de xullo entre ambas entidades.

O acordo está orientado a poñer en coñecemento dos membros da entidade empresarial os servizos e programas que desenvolve Cáritas. Ademais, ten por obxecto establecer unha colaboración entre ambos organismos para impulsar e promocionar actuacións encamiñadas a mellorar a responsabilidade social empresarial, fomentar a formación e promoción do emprego dentro dos servizos e competencias de ambas partes.

As entidades manifestaron que se tratou dunha reunión positiva para poñer en marcha o convenio de maneira “efectiva”. En materia de emprego, cruzarán currículos e ofertas e demandas de emprego, con perfís ben axustados a esas ofertas.

Tamén se traballará conxuntamente en temas de formación. Para todos estes fins, a Asociación e Cáritas manterán unha relación directa para actuar con dilixencia e conseguir un intercambio fluído de información con reunións periódicas de seguimento.

Comentarios
Lo más