miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana acaba sen cambios no tempo

A semana acaba sen cambios no tempo
A semana acaba sen cambios no tempo

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 28 graos

As altas presións atoparanse durante esta xornada ao norte dos Azores e dende esa posición continuarán achegando estabilidade e aire cálido procedente do sur. Deste xeito o ceo estará en xeral pouco nubrado ou despexado, aínda que nos litorais de Lugo e A Coruña teremos algunhas nubes baixas e néboas costeiras que pola tarde poderían afectar tamén a puntos das Rías Baixas. As temperaturas mínimas continuarán ascendendo, mentres que as máximas non cambiarán polo que a sensación seguirá sendo de calor pola tarde. Os ventos estarán en calma durante a mañá, tomando compoñente norte pola tarde.

En Compostela, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso notable.

Comentarios
Lo más