miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Compostela en Marcha apraza as súas actividades ata que se levanten as novas restricións

O Compostela en Marcha apraza as súas actividades ata que se levanten as novas restricións
O Compostela en Marcha apraza as súas actividades ata que se levanten as novas restricións

Unha vez que se retome a programación, irase actualizando nas páxinas web compostelaenmarcha.santiagohosteleria.net e barespubsdiscotecas.com/compostela-en-marcha así como nas páxinas de Compostela en Marcha en Facebook e Instagram.

O ciclo Compostela en Marcha, que organizan as asociacións Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, en colaboración co Concello, vese na obriga de aprazar as súas actividades por mor das novas restricións publicadas  pola Consellería de Sanidade como medidas preventivas na pandemia do Covid-19 e que entraron en vigor este xoves.

Esta semana estaban previstas proxeccións de ‘Cine Libre’, ‘Sesións Vermú’ e ‘Seráns-Tardeo’ que se retomarán unha vez que se levanten as restricións na nosa cidade. Tampouco se celebrará o ciclo ‘Vai de Viños’, que continuaba esta semana pola zona do Distrito de Altamira e rúas lindeiras.

Comentarios
Lo más