Sol e calor este mércores en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 26 graos
As altas presións localizadas sobre os Azores entrarán na península Ibérica durante esta xornada, achegando estabilidade. Deste xeito agardamos un día cos ceos en xeral pouco nubrados ou despexados, coa presenza dalgunha néboa matinal en vales do interior e nubes de estancamento nas comarcas cantábricas ao principio e final da xornada. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán, especialmente nas Rías Baixas. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con algún intervalo de moderado no litoral atlántico.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que ascenderán moderadamente