Os casos activos suben en 102 ata os 3.742, 25 máis na área de Santiago
Un total de 12.771 pacientes xa están curados
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.742 deles 1.403 son da área da Coruña (+11), 759 da de Lugo (+29), 343 da de Ourense (+3), 233 da de Pontevedra (+7), 253 da área de Vigo (+27), 607 da de Santiago (+25), e 144 da de Ferrol (+11).
Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 143 en unidades de hospitalización e 3.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.771 persoas curadas, rexistrándose 644 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 96 anos, que estaba ingresada no HULA e presentaba patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 339.206.