Sube lixeiramente a temperatura en Compostela
08:00 01/09/20
08:00 01/09/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 25 graos
As altas presións localizadas nos Azores continuarán achegando estabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada de ceos moi abertos, con algunhas nubes a primeira hora no litoral atlántico e restos de nubes medias no leste de Ourense tamén ao principio da xornada. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando algo a súa intensidade no litoral atlántico durante a tarde.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán notablemente