miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Boqueixón oferta unha nova edición dos cursos de inglés para escolares e mocidade

O Concello de Boqueixón oferta unha nova edición dos cursos de inglés para escolares e mocidade
O Concello de Boqueixón oferta unha nova edición dos cursos de inglés para escolares e mocidade

O prazo de inscrición ábrese hoxe  e finalizará o 15 de setembro

O Concello de Boqueixón ofertará unha nova edición dos seus cursos de inglés para escolares e mocidade do municipio. O programa diríxese a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, mocidade empadroada no Concello de Boqueixón e escolares matriculados/as nun centro educativo do municipio.

O prazo de formalización de praza ábrese hoxe e estenderase ata o 15 de setembro. As persoas interesadas deberán remitir a ficha de inscrición cuberta (que se pode descargar na web municipal www.boqueixon.gal) ao Departamento de Cultura e Educación (cultura@boqueixon.com ou de xeito presencial, sempre con cita previa no teléfono 981 513 115).

As clases darán comezo o vindeiro mes de outubro e estenderase ata xuño de 2021. Todas as sesións desenvolveranse nas instalacións do CPIP Antonio Orza Couto, levándose a cabo todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.

Os horarios para escolares de Educación Infantil e Primaria será luns e mércores, de 15.30 a 16.30 horas e martes e xoves, de 15.30 a 16.30 horas. No caso de Secundaria e da mocidade, as sesións desenvolveranse os venres entre 16.00 e 18.00 horas.

Requírese un grupo mínimo de participantes para o inicio das actividades. As prazas son limitadas por grupo, segundo os diferentes niveis impartidos.

O custo dos cursos de inglés é de 25 euros mensuais. Dende o Concello ofrécense unha serie de descontos polo segundo/a fillo/a (rebaixa do 25%); terceiro/a fillo/a (50%); cuarto fillo/a e sucesivos (de balde). 

Comentarios
Lo más