Nubes si, chuvia non
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 20 graos
O domingo iremos recuperando a estabilidade atmosférica coas altas presións situándose ao noroeste de Galicia. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados en xeral, con néboas matinais no interior, e algún chuvasco ocasional ao norte pola mañá. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentras que as máximas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados nas Rías Baixas.
En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente.