jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os casos activos suben en 155 ata os 3.294, 23 máis na área de Santiago

Os casos activos suben en 155 ata os 3.294, 23 máis na área de Santiago
Os casos activos suben en 155 ata os 3.294, 23 máis na área de Santiago

Un total de 12.438 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.294 deles 1.376 son da área da Coruña (+25), 604 da de Lugo (+57), 300 da de Ourense (+8), 205 da de Pontevedra (+18), 209 da área de Vigo (+20), 473 da de Santiago (+23), e 127 da de Ferrol (+4).

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 3.167 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.438 persoas curadas, rexistrándose 638 falecementos. Os dous últimos foron o dunha muller de 85 anos que estaba ingresada no CHUAC  e o dun home de 71 anos que estaba ingresado no CHUO. Ambos tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 327.257.

Comentarios
Lo más