jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Último día con posibilidade de chuvia en Compostela

Último día con posibilidade de chuvia en Compostela
Último día con posibilidade de chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 19 graos

Durante as primeiras horas do sábado unha fronte chegará a Galicia polo norte. Deste xeito, na metade norte agárdanse chuvascos, máis frecuentes e intensos na primeira metade do día, cando mesmo poden ter carácter tormentoso. Na metade sur os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos intermitentes que irán remitindo a partir do mediodía. As temperaturas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas na provincia de Ourense. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións  o sábado pola mañá. As temperaturas serán baixas para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.



Comentarios
Lo más